Asotrame abre a inscrición para as súas clases de oncoioga

Co final de verán arrinca o novo curso en Asotrame. A asociación abre a inscrición para solicitar praza para as súas clases de oncoioga, que está previsto que se retomen a vindeira semana en Narón cunha pequena ampliación do número de prazas. A iniciativa vai dirixida a pacientes ou expacientes oncolóxicos (con cánceres de sangue ou de calquera outro tipo), así como os seus familiares.

O programa “Asotrame é saúde” ofrecerá, a partir do 11 de setembro, sesións semanais de ioga adaptado, que serán impartidas por Ana Freire, unha profesional especialista na materia. A finalidade desta iniciativa non é outra que contribuír a mellorar o estado físico e tamén o emocional das e dos participantes, axudándoos ademais a normalizar a situación pola que pasan ou pasaron e a liberar tensión, compartindo momentos con outras persoas que viven ou que deixaron atrás procesos similares.

Neste curso, as clases de oncoiga contarán con doce prazas (dúas máis en que en tempadas anteriores) e terán lugar os mércores de 9.30 a 10.30 horas nas instalación de Samsara Integral Yoga, na rúa Velázquez, 29, moi preto da Casa Consistorial de Narón. Nas sesións, os exercicios e posturas se axustan a cada persoa e, como sempre, se o participante índa non superou a enfermidade, requirirase o visto bo do médico/a do “alumno/a”.

O apoio do Concello de Narón permite retomar, de forma totalmente gratuíta para as persoas sociais, esta actividade de saúde, que botaba a andar no 2018. As prazas nas clases de oncoioga son limitadas, polo que cómpre inscribirse, chamando ao teléfonos 698 130 684 ou 604080169, onde ademais se resolverá calquera dúbidas ao redor da actividade.

 – Más en nuestro Blog –

×